« Back

Galeusca de Editores: CONCLUSIÓNS

2010-03-05  ¦  Asociación

Os editores en lingua galega, vasca e catalá, reunidos en Lleida, no marco da GALEUSCA, os días 5, 6 e 7 de Xuño, manifestan as seguintes conclusións

Os editores en lingua galega, vasca e catalá, reunidos en Lleida, no marco de GALEUSCA, os días 6 e 7 de xuño de 2008, logo de analizar e debater as principais cuestións que afectan ao sector do libro e as respectivas industrias culturais da edición, reafírmanse na importancia de fortalecer a colaboración estable que achega GALEUSCA e manifestan as seguintes CONCLUSIÓNS Sobre as axudas á edición: Debe manterse e sistematizarse o intercambio de información sobre as axudas á edición nos diferentes territorios GALEUSCA. Instar ao Ministerio de Cultura a modificar os sistemas de axudas á edición para que cheguen a ser estímulos para a edición de obras de xuro cultural e de dubidosa viabilidade comercial, sen outras vinculacións nas dotacións de libros para bibliotecas. Establecer un diálogo co Comisario Europeo do Multilingüismo e interceder para que se dea ás axudas á edición de libros un carácter interlingüístico e intercultural que supere o carácter transfronteirizo actual. Sobre a gratuidade do libro de texto: Reivindicar o recoñecemento da importancia da elaboración de contidos curriculares tamén en soporte papel. Lamentar que, pasados tres anos desde a celebración do anterior GALEUSCA, as repercusións negativas para todos os sectores do libro que previamos entón, e que podían provocar graves problemas para garantir a presenza de materiais curriculares desenvolvidos nas respectivas linguas, víronse confirmadas polos diferentes estudos técnicos elaborados. Sobre o intercambio entre editores GALEUSCA A vontade de traballar para o proveito de todas as sinerxías derivadas de pertencer ao GALEUSCA no intercambio sistemático de títulos, autores e proxectos. Sobre a proxección exterior das culturas GALEUSCA Sobre a promoción exterior das culturas que se expresan en lingua galega, vasca e catalá, consideramos de especial importancia preservar tamén neste campo a especificidad das mencionadas culturas e comprometémonos a profundar no estudo de fórmulas de colaboración en materia de promoción internacional que ofreza ao mundo unha visión nítida das nosas culturas, lonxe de esquemas uniformizados que distorsionen a nosa voz propia e orixinal. Lleida, 7 de xuño de 2008